Friol conta cun vixilante municipal

TerraChaXa | LugoXa
Friol vén de nomear un novo Vixilante Municipal, despois de un tempo sen ese servizo, debido a que o Policía Municipal se xubilara.
vixilante municipal friol
19 Jul 2022

O Concello de Friol vén de nomear un novo Vixilante Municipal, despois de un tempo sen ese servizo, debido a que o Policía Municipal que exerceu durante moitos anos, se xubilara.

Dende a Academia Galega de Seguridade remitiron ao Concello proposta de nomeamento como funcionario en prácticas do Concello de Friol, categoría de vixilante municipal, quenda de acceso libre.

Despois da convocatoria realizada polo Director Xeral da Academia, que convocou ás persoas aspirante ao acto de elección de praza, que tivo lugar o 18 de abril, tivo como resultado que a persoa proposta para ocupar a praza de Friol fora Rodrigo José Figueroa Vázquez.

Polo tanto, Rodrigo, é a persoa que tomou posesión como persoal funcionario en prácticas, na categoría de Vixilante Municipal, escala básica do Corpo de Policía Local do Concello de Friol.

Dende o día 1 de xullo do presente ano 2022 xa está exercendo as súas labores ao longo dos 295 km2 e as 32 parroquias coas que conta este municipio lucense.

O alcalde Jose Á. Santos anima a toda a poboación de Friol a “que cumpramos coas obrigas que temos como cidadáns, e tamén a que conten con este novo traballador que temos no Concello, cando teñan algún problema que entre dentro das súas funcións e que el poida solucionar, como Vixilante Municipal”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1033091545105