Friol contará con ximnasia de mantemento e baile de salón

TerraChaXa
O Concello de Friol volverá contar este outono e inverno con ximnasia de mantemento para mulleres e cursos de baile de salón.
Cartel Cursos Baile 2019
4 Out 2019

O Concello de Friol volverá contar este outono e inverno con ximnasia de mantemento para mulleres e cursos de baile de salón. Trátase novamente de cursos gratuítos dirixidos aos veciños deste termo municipal.

A ximnasia de mantemento para mulleres dará comezo o martes 15 de outubro e se celebrará os martes e xoves de 21.00 a 22.00 horas. O lugar escollido para a súa celebración é o pavillón polideportivo de Friol.

Así mesmo, volverán os cursos de baile todos os luns entre as 21.00 e as 22.30 horas no pavillón polideportivo de Friol, que estarán un ano máis a cargo dos bailaríns de Ritmolugo que todos os anos reúnen a un gran número de parellas. Nestas clases os participantes aprenden os distintos estilos de baile de salón e latinos.

O prazo de inscrición para as dúas actividades remata en primeira instancia o día 9.

0.16463804244995