Friol contará cunha nova liña de autobús de conexión con Lugo
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, en colaboración co Concello de Friol, reforza o servizo de transporte público por autocar neste municipio, coa creación dunha nova expedición entre Friol e Lugo.
En concreto, a nova expedición, da que se beneficiarán a veciñanza deste municipio, terá saída desde Friol a Lugo, ás 17.30 horas, todos os días laborais, ao longo de todo o ano.
Desde xeito este municipio lucense verá reforzada as súas conexións directas coa capital da provincia con catro expedicións, operadas pola empresa Arriva: Dous de ida, con saída desde Friol ás 10.00h e as 17.30 horas; e dous máis de regreso, con saída desde Lugo ás 14.15h e 17.15 horas.
A liña directa con Lugo, nas súas distintas frecuencias, inclúen 19 paradas: Friol capital, Cuartel Vello, Devesa (Os Pedrouzos), Devesa (A Vexía), Casa Camilo, Portasueiro, empalme de Cotá, Vento, Ferrerías, Retorta- E.Cota, Locai, Marcoi, Santa María Alta, Carballido, Rebordaos, Astariz, Cruce de Santiago, Lugo (Avda. Das Américas), Lugo (Estación de Autobuses)
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que esta mellora xurde a petición do Concello de Friol que con este novo servizo busca ofrecer máis e mellores combinacións e unha mellor comunicación da zona rural co entorno urbano
O municipio de Friol tamén está conectado con Lugo capital, grazas ás paradas intermedias que realizan outras liñas vixentes todo o ano, en concreto, as que unen Lugo e Vilalba, Lugo e Ribadeo, Lugo e Parga, e Lugo con Palas de Rei, todas elas con distintas combinacións e frecuencias.