Friol contará desde o martes con servizo de madrugadores durante o verán

LugoXa | TerraChaXa
Levarase a cabo no edifico anexo ao PAI ata o 30 de agosto
madrugadores-campamento-nenos-friol-2
Cartel
14 Xul 2024

O Concello de Friol ampliou o servizo de madrugadores tamén durante o verán para axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Para as familias interesadas no mesmo, dende o martes 16 de xullo e ata o venres 30 de agosto levarase a cabo no edificio anexo ao PAI (aula de madrugadores).

As inscricións poden facerse nas oficinas do Concello de Friol ou no correo info@concellodefriol.es.

0.18521904945374