Friol contará un bus de ida e volta a Melide durante as festas

O Concello de Friol porá un autobús nocturno durante as festas de Melide desde a localidade ata a vila de ida e volta.
Esta acción ten como obxectivo ter maior seguridade vial nesta noite de festa.
Así, o autobús sairá os días 14, 15 e 16 de agosto ás 0.00 horas e terá a volta ás 6.30. Recollerá aos veciños entre a gasolineira e o Club Fluvial facendo parada en todos os bares.
Os que desexen usar este servizo de bus deberán inscribirse antes do venres 11 no correo xuventude@concellodefriol.es ou no teléfono 637 064 024.
O prezo será de 3 euros para empadroados e de 10 para non empadroados.