Friol convertirá o PAI nunha escola infantil con 51 prazas

LugoXa | TerraChaXa
O Concello de Friol acaba de recibir a resolución positiva dunha axuda solicitada a Consellería de Política Social
pai-de-friol-escola-infantil
4 Dec 2024

O Concello de Friol iniciará o ano 2025 co comezo das obras do proxecto da futura Escola Infantil, e poder así dar servizo a todas as familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos, que queren dispoñer de praza no actual PAI (Punto de Atención á Infancia), e que agora mesmo queda pequeno para todas as solicitudes, e co incremento de nacementos que están tendo nos últimos anos en este municipio.

Realizarase unha rehabilitación integral da parte do edificio anexo ao PAI, e que se unirán as dúas partes, mediante un acceso interno, para unha vez rematadas as obras todo o edificio existente se converta na Escola Infantil que de Friol necesita, podendo poñer á disposición das familias ata 51 prazas.

Trátase dun edificio distribuído nunha única planta de 363, 64 m2 de superficie útil, dos cales se van acondicionar 193 m2.

As obras de acondicionamento previstas transforman o punto de atención á infancia nunha Escola Infantil, fundamentalmente mediante o acondicionamento e ampliación da parte actualmente en desuso e a mellora xeral da envolvente da edificación.

As actuacións no interior do edificio consistirán en particións interiores con biombo acristalado para facilitar a visión dos nenos en todo momento, dous baños uso infantil completos, pavimento vinílico interior antiescorredizo, e pavimento de caucho na zona de xogos exterior. Ademais dotarase a todas as estancias de falso teito, e instalacións de fontanería e saneamento, ademais dun sistema de protección de incendios, e pintado de paredes.

A execución de este proxecto, que ascenden a un importe de case 245.000 euros, poderán levarse a cabo gracias á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social que financia o 90 % da inversión total. Está previsto que as obras comecen a principios de ano, e que para o próximo curso xa se poida facer uso das novas instalacións, modernas e acordes coa normativa actual da nova Escola Infantil de Friol.

Segundo o alcalde José A. Santos, “a finalidade de este proxecto é poder acoller a todas as familias con nenos e nenas en idade de 0 a 3 anos que así o desexen para que poidan facer uso de este servizo, e así poder conciliar un pouco mellor a vida familiar e laboral e a vez, sirva de efecto chamada para esas familias que están buscando alternativas para asentar a súa residencia, con este servizo renovado e con un número de prazas considerable, Friol será o pobo ideal para iso”.

A poboación en Friol viuse incrementada nos últimos anos, e tamén se vai incrementando o número de nacementos entre as familias que residen no municipio, polo que se deu a necesidade de incrementar as prazas que había actualmente no PAI, co obxectivo final de que ningún/a neno/a se quede sen un servizo esencial para as familias.

O alcalde comenta que “debido a que a poboación mais nova do noso pobo se ve incrementada ano tras ano, dende o Equipo e Goberno vemos que había a necesidade de aumentar as prazas en este servizo, para dar atención a eses veciños e veciñas de 0 a 3 anos, polo que decidimos que era o momento de crear unha Escola Infantil en Friol coa finalidade de seguir medrando, agradezo unha vez mais a implicación e a sensibilidade da Xunta de Galicia e a sensibilidade que desde distintas consellerías teñen coas demandas e necesidades de Friol.”

0.16873908042908