A Cova da Serpe de Friol, un lugar de lenda
A Cova da Serpe de Friol é unha cova cunha romántica lenda polo medio, na que a filla do Señor de San Paio ocultouse co seu namorado escapando do seu pai ante a súa negativa por este noivado. No pobo dicían que esta cova era a guarida dun dragón, ao que chamaban a Serpe. O home, defendendo á súa namorada deu morte ao animal, pero recibiu unha fatal mordedura. A moza, unha vez rescatada encerrouse no seu castelo sumida nunha profunda depresión pola perda. Conta a lenda que dende a entrada da cova poden escoitarse aínda os gritos dos dous namorados, el tratanto de defender á súa amada, e ela gritando o seu nome entre bágoas.
Este paraxe único sitúase na reserva da biosfera Terras do Miño, ao norte de Friol. Nel dominan rocas grises e escarpadas con lixeiros trazos de arbustos, matoxo salvaxes e bosque de folla perenne. Ademais de tanta verde fermosura, a Cova da Serpe representa para os friolenses o escenario dunha romántica lenda de amores prohibidos e para o visitante un dos mellores miradores da zona xa que a cueva é a cima da sierra, e desde ela, que se alza por encima dos 800 metros, pode verse unha ampla panorámica das provincias de Lugo e A Coruña, ademais de estar situada na confluencia de tres concellos.