Friol entrega a hostaleiros e público os premios do II Concurso de tapas

LugoXa | TerraChaXa
En este acto de entrega participaron todas as persoas gañadoras dos distintos galardóns
engtrega-de-premios-do-concurso-de-tapas-friol
6 Feb 2026

Esta semana entregáronse no concello de Friol os premios do Concurso de tanto aos gañadores, ao Restaurante Orixes como proposta gañadora, como ás tres persoas participantes que gañaron no sorteo, e tamén houbo uns agasallos para as rapazas que participaron no concurso de deseño do cartel.

Esta entrega fíxose despois do reconto dos votos emitidos, que se levou a cabo a semana pasada, e despois de facerse público que o establecemento gañador resultou ser Restaurante Orixes, coa súa proposta “Petisco de polbo” que acadou un total de 447 puntos, e despois de saber tamén o nome dos premiados no sorteo.

En este acto de entrega participaron todas as persoas gañadoras dos distintos premios. Estaban os representantes do Restaurante Orixes, tamén estaban as tres persoas premiadas que resultaron agraciadas no sorteo que se realizou entre os folletos válidos entregados nas distintas urnas (Talia Rodríguez o 1º premio, Brandán Varela levou o 2º premio, e o 3º premio foi para José Manuel Castro), e tamén se convocou ás alumnas do centro escolar público de Friol que participaron no concurso de deseño do cartel, co que se promocionou o citado concurso de tapas, ás cales se lles fixo entrega duns detalles por animarse a participar, e foron Noemí Agruñá Fernández e Susana Pena Villar, que foi a que creou o deseño gañador.

O primeiro premio do sorteo entre os participantes de este concurso consiste nun lote de produtos valorado en 200€ máis 300€ en efectivo. O segundo premio consta de unha visita ao MEGA Museo Estrella Galicia para 2 persoa e máis 200€ en efectivo. E o terceiro premio foron 100€ en efectivo.

Para poder repartir estes premios colaboraron os establecementos hostaleiros, contando coa axuda dun dos seus distribuidores de mercancía.

O alcalde, Jose Ángel Santos, sinalou que “estamos moi contentos de que esta segunda edición do concurso fora, de novo, un éxito, e desexamos que para a terceira edición os veciños e veciñas sigan axudando a facelo posible, xunto coa gran afluencia tamén de visitantes que viñeron de fóra do concello. Quero agradecer unha vez máis a implicación e a colaboración dos locais hostaleiros que participaron en esta segunda edición do concurso de tapas de Friol”.

⚙ Configurar cookies
0.07881498336792