Friol fai unha nova sesión informativa sobre as xestións nas administracións

LugoXa | TerraChaXa
O martes 10 de xuño, terá lugar no Centro Colaborativo ás 10.30 horas
administracion-cerca-de-ti-friol
9 Jun 2025

Este martes 10 de xuño, de 10.30 a 13.30 horas, terá lugar no Centro Colaborativo de Friol a sesión informativa A Administración Cerca de Ti, que pretende axudar ós habitantes dos pobos para que poidan realizar xestións por vía telemática nas distintas administracións públicas.

As persoas interesadas en asistir deberán pedir cita previa no 637064024. O servizo, que será prestado con máis frecuencia, contará cunha nova visita.

Este programa piloto beneficiará a un total de 7,5 millóns de habitantes de pobos pequenos de toda España ó recibir servizos da Administración Xeral do Estado nos seus concellos para facilitar que os habitantes dos pobos non teñan que desprazarse e poidan realizar os trámites dende o seu municipio.

A primeira fase da iniciativa, impulsada dende o Ministerio de Política Territorial conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, desenvolverase nun total de 3.200 municipios españois.

Agora é a quenda de Friol, un día no que os cidadáns só terán que desprazarse ao Centro Colaborativo, ás 10.30 horas, para contar coa súa firma dixital, coa que poderán acceder ós trámites e servizos dixitais, evitando desprazamentos innecesarios e o custe económico que iso representa.

O obxectivo é informar ós cidadáns dos trámites e prestacións, acompañalos, axudalos, orientalos para un mellor aproveitamento da Administración e combater as fendas dixitais, territoriais e de xénero.

⚙ Configurar cookies
0.061399936676025