Friol festexa a Santa Isabel entre o 7 e o 9 de xullo

TerraChaXa
Tras o éxito da Feira do Queixo de Friol e o Pan de Ousá e o Friulio, celebrados nos meses de marzo e maio, Friol prepárase para desfrutar das súas festas patronais, que terán lugar do sábado 7 ao luns 9, festivo local.
cartelfriol_portada
5 Jul 2018

Tras o éxito da Feira do Queixo de Friol e o Pan de Ousá e o Friulio, celebrados nos meses de marzo e maio, Friol prepárase para desfrutar das súas festas patronais, que terán lugar do sábado 7 ao luns 9, festivo local.

Como manda a tradición, haberá misa os tres días, ás 13.00 horas. Tras a celebración relixiosa haberá tamén tempo de música con sesión vermú, o sábado coa orquestra Xacobeo e o domingo con Venezia.

Pola noite haberá verbena coas orquestras Claxxon, Panorama New York e Marbella.

As festas e Friol reunirán novamente aos veciños, que colaboran todos os anos cunha couta. Ademais, o concello fixo unha especial colaboración neste evento xa que este ano non contarán coa aportación dos cartos procedentes do monte. Ademais, a organización realizou diferentes eventos para costear a celebración como unha cea-baile ou o campionato de tute.

A programación festiva, que se garda algunhas sopresas, complétase con atraccións como autos de choque, plato xiratorio e colchonetas para os máis cativos.

cartelfriol

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.058216094970703