Friol festexará por adiantado o Día Internacional da Danza da man de Jesús Fagil Rueda

Este sábado 11 de abril, o Centro Sociocultural de Friol converterase nun escenario de expresión artística coa celebración anticipada do Día Internacional da Danza, organizada polo veciño e bailarín Jesús Fagil Rueda. A cita dará comezo ás 19:00 horas e promete unha velada chea de ritmo, arte e emoción.
O espectáculo incluirá pezas de diferentes estilos e contarase coa presenza do alumnado e exalumnado do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.
A iniciativa, que conta co apoio e agradecemento ao Concello de Friol, pretende achegar a danza á veciñanza, poñendo en valor tanto o talento local como a diversidade desta arte escénica. Jesús Fagil convida a todos os frioleses e friolesas a gozar dunha noite especial dedicada ao movemento, á música e á cultura.