Friol inicia co concerto de hoxe unha programación cultura para os sábados de agosto

TerraChaXa
O concerto Músicas para O Xacobeo, da banda de música Sons e Soños, abre hoxe, unha serie de actividades culturais os sábados de agosto.
Concertos agosto_FRIOL_portada
31 Xul 2021

O concerto Músicas para O Xacobeo, da banda de música Sons e Soños, abre hoxe, sábado día 31 de xullo, na praza Andón Cebreiro de Friol, ás 20.00 horas, unha serie de actividades culturais que se desenvolverán todos os sábados de agosto.

Neste concerto inicial participa tamén a Asociación Galega de Custodia do Territorio xa que está dedicada esta sesión á Conservación do Patrimonio Natural Galego. A iniciativa está financiada polo proxecto O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

A programación continuará o día 7, ás 19.00 cun concerto da banda folk Os D'Abaixo, que dará comezo ás 19.00 horas.

Tamén á mesma hora, pero o 14 actuará Carapaus, tamén de folk tradicional.

Haberá espazo para a maxia o sábado 21, tamén ás 19.00 horas, co espectáculo de Dani García.

A programación pecharase co espectáculo infantil de Truque Matruque, que terá lugar no parque Rosalía de Castro mentres que o resto de actuacións serán na praza Andón Cebreiro.

Concertos agosto_FRIOL
0.22023582458496