Friol licita dous proxectos de pavimentación de accesos no rural
O Concello de Friol continúa a realizar proxectos de mellora e pavimentación de accesos municipais. En esta ocasión licita as obras de dous proxectos que mellorarán a calidade de vida dos seus veciños e veciñas. Con estas actuacións pretenden mellorar e acondicionar varias vías de acceso, en catro parroquias do Municipio.
O primeiro proxecto consistirá na mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas nos lugares de Nodar, A Bouza, Pedrido e Guldriz de Arriba.
En Nodar trátase dun camiño que sirve de acceso a parcelas, edificacións e instalacións agrícolas dos núcleos de Nodar e Vilariño. En A Bouza arranxarase un camiño que se localiza na parroquia de Silvela, que sirve de acceso a parcelas, edificacións e instalacións agrícolas do núcleo de A Bouza. No Pedrido realizaranse traballos nun camiño que se localiza na parroquia de Carlín, que sirve de acceso a parcelas, edificacións e instalacións agrícolas no lugar de Pedrido, e ata o núcleo de Arga de Arriba. E en Guldriz de Arriba, trátase dun camiño que se localiza na parroquia de Guldriz, que sirve de acceso a parcelas, edificacións e instalacións agrícolas no núcleo de Guldriz de Arriba, e ata o lugar de Vilares.
Este primeiro proxecto executarase con unha axuda de 86.287,00€, concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, pola que se aproba o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, e o importe restante será con cargo a fondos propios municipais.
O segundo proxecto consiste na pavimentación da vía que comunica os núcleos de Guldriz de Arriba e A Boleta, na parroquia de Guldriz, que presenta un mal estado de conservación debido á súa antigüidade, o uso e as inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que urxe proceder á súa rehabilitación.
A obra mencionada realizarase con unha axuda concedida pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para creación e mellora de Infraestruturas, dotacións e instalacións, equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
Son dous proxectos importantes para a poboación de Friol, pois trátase de realizar melloras e mantementos de camiños municipais que benefician ás parroquias de Nodar, Silvela, Carlín e Guldriz, e en xeral a unha gran parte da veciñanza.
Todas estas actuacións traerán unha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes do municipio, pois a mellora de todos estes camiños, facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello.
Para o Equipo de Goberno isto é algo de vital importancia e no que traballan cada día e como di o seu alcalde Jose Ángel Santos “a maior parte do noso traballo diario é conseguir que as nosas veciñas e os nosos veciños teñan a mellor calidade de vida posible, e para iso tamén é importante ter en bo estado de conservación os accesos polos que teñen que circular e acceder ás fincas cada día”.