Friol licita por 173.000 euros o novo local social de Narla

LugoXa | TerraChaXa
Este proxecto levarase a cabo gracias a un convenio asinado entre o Concello de Friol e a Xunta de Galicia
novo-local-social-parroquia-de-narla-friol
27 Jan 2025

O Concello de Friol anunciou que licitará por case 173.000 euros as obras do novo local social da parroquia de Narla.

Días atrás reuníronse en Narla o Alcalde de Friol, José A. Santos e varios veciños desta parroquia, para falar do proxecto de execución do local social que se vai facer na finca que a comunidade de veciños ten no barrio de Eirixe, en dita parroquia de Narla.

Este proxecto eleva o seu orzamento a case 173.000 euros, dos cales, a Xunta de Galicia asumirá o 80%. O restante 20% será asumido con fondos propios do Concello de Friol.

Durante este encontro, o rexedor trasladoulle aos veciños que se achegaron ata alí, que o seguinte paso é proceder á licitación das obras, co obxectivo de adxudicar estes traballos para a construción de estas novas instalacións.

Optouse por realizar un novo local social debido ao mal estado no que se atopa o existente. Os técnicos municipais valoraron a opción de rehabilitar o que está construído, pero non viron viable a recuperación destas antigas instalacións.

Esta actuación permitirá dar servizo á veciñanza desta parroquia, para poder ter un local onde poder realizar xuntanzas, comidas ou festas dos veciños e veciñas, e tamén para poder realizar nel as reunións da CMVMC de Narla.

Este local social de Narla contará cunha superficie total útil de case 120 m2, distribuída en unha sala de usos múltiples, unha zona exterior cuberta, cociña, aseo, cuarto de limpeza, almacén e vestíbulo.

A Xunta de Galicia continúa prestando o seu apoio aos concellos para que poidan dar os servizos necesarios aos seus veciños e veciñas.

O alcalde di que “quero agradecer unha vez máis á Xunta de Galicia pola súa predisposición co noso municipio, para colaborar e poder así levar a cabo proxectos como este, proxectos necesarios para as persoas que vivimos en Friol poidamos dispor de instalacións nas que se poidan desenrolar actividades sociais, culturais o de outra índole”.

0.16807699203491