Friol lucirá no seu castro Friulio unha reprodución da Cabeza de Narla

TerraChaXa | LugoXa
O Castro Friulio de Friol lucirá a partir do 13 de maio, unha reprodución do escultor local Víctor Manuel Corral Perez, da Cabeza de Narla.
escultura cabeza de narla friulio friol portada
11 Maio 2023

O escultor friolés Victor Manuel Corral é o encargado de facer esta reprodución.

O Castro Friulio do Concello de Friol lucirá a partir do sábado 13 de maio, unha reprodución feita polo escultor local Víctor Manuel Corral Perez, da Cabeza de Narla.

No Concello de Friol, mais concretamente na parroquia de Narla, apareceu decorando a entrada dunha casa no ano 1956 a peza orixinal.

Esa peza, segundo a descrición que fai dela A. Blanco Freijeiro, é un cilindro de pedra que aparece tallado “toscamente”, cos rasgos de unha cara, con unhas medidas de uns 16 centímetros de diámetro.

O descubridor foi o entón estudante A. Veiga Arias, que lla entregou a J.M. Blázquez, profesor da Universidade Central de Madrid, para o seu estudo, perdéndoselle a pista dende entón.

Esta peza foi atopada por un veciño de Narla en Agra do Castro (coñecido tamén como Medorra de Mingus ou Castro de Narla). Dito lugar está perfectamente identificado e catalogado como xacemento arqueolóxico, no que se atoparon fragmentos de cerámica e muíños de man.

Están a facerse traballos de investigación, gracias a outro veciño, Brais Rodríguez Romero, para poder dar coa peza orixinal, e poder así expoñela ao público e estudala de un xeito mais exahustivo.

Polo momento, Friol lucirá unha réplica, que poderán vela todas as persoas que se acerquen esta fin de semana á festa de recreación histórica castrexo-romana do Friulio, na súa 5ª edición.

O alcalde José Á. Santos dixo que “o descubrimento de esta peza é moi importante para o Concello de Friol, e desexamos que apareza o antes posible a orixinal, pero de momento, poderemos desfrutar da réplica que está realizando o noso veciño Víctor”.

escultura cabeza de narla friulio friol
0.19977498054504