As localidades de Friol, Riotorto e Muimenta celebran esta fin de semana as súas festas patronais nun programa festivo.
As localidades de Friol, Riotorto e Muimenta celebran esta fin de semana as súas festas patronais nun programa festivo que comprende outras localidades parroquiais da comarca.
FRIOL
En Friol, honrarase a Santa Isabel, dende o sábado 9 ao luns 11, este último coincidirá como festivo local.
Como manda a tradición, haberá misa os tres días. Tras a celebración relixiosa haberá tamén tempo de música con sesión vermú, o sábado coa orquestra M-3 Show, o domingo con Stereo e o luns co dúo Eclipse.
Pola noite haberá verbena coas orquestras Suavecito, o venres e nos días seguintes La Banda de Ayer e New York.
As festas e Friol reunirán novamente aos veciños, que colaboran todos os anos cunha couta. Ademais, o concello fixo unha especial colaboración neste evento ademais das colaboracións de diferentes negocios.
A programación festiva, que se garda algunhas sorpresas, complétase con actividades para os máis cativos.
RIOTORTO
Riotorto celebrará as festas de San Cristovo hoxe, día 8 e 9 de xullo cunha paella xigante o venres ás 21.30 horas de inicio de celebración amenizado polo grupo Beatriz a partir das 00.00 horas. Os que queira asistir deberán comprar o tiquet a un prezo de 15 euros nos locais da vila.
O sábado, día grande, haberá misa solemne ás 12.30 horas, seguida da procesión e da benbición dos vehículos antes da sesión vermú, que estará a cargo do grupo D’Cano, que será o encargado xunto con Capitol de amenizar pola noite a verbena.
Xa o día 10 haberá misa solemne ás 13.00 horas cantada pola coral parroquial.
MUIMENTA
As festas en Muimenta iniciaranse tamén hoxe venres cunha verbena amenizada polas orquestras Marbella e New York.
O sábado haberá misa ás 13.15 horas seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, que tamen será a responsable da verbena xunto con Finisterre.
O domingo abrirase a celebracion cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas e a misa adiántase ás 13.00 horas, que incluirá a intervención da coral polifónica Virxe do Monte. Seguirá a tradicional procesión e tamén a bendición dos coches.
O apartado musical estará ao cargo de Galaxia, con dobre sesión, vermú e verbena.
Tamén dentro do Concello de Cospeito están prevista a XXXI edición da Romaría de San Paio, en Sistallo, que será este sábado, 9 de xullo. Haberá misa campestre ás 13.30 horas con sesión de mañá a cargo do grupo Atenas. Pola tarde a música corresponderá ás charangas Chafaceiros, Festicultores e o Grupo de Gaitas Roxedoiro.
A PASTORIZA
No Concello da Pastoriza, Úbeda, celebra as súas festas na honra da Virxe do Carme o sábado, con misa solemne ás 14.00 horas, procesión e sesión vermú coa orquestra Venencia. Pola noite repite a mesma orquestra xunto ao dúo Muralla.
En Gueimonde, este sábado 9 toca comida popular a partir das 22.00 horas amenizada polo dúo Venus. O seguinte sábado, 16, será o propio día da festa con misa ás 13.30 horas con procesión acompañada de Gaitas Galegas. O apartado musical estará ao cargo de D'Nika en sesión vermú e verbena e, pola noite, tamén disco móbil con La Fabrik.
GUITIRIZ
No concello de Guitiriz está de festas Santa Mariña, na honra á Virxe do Carme. Estas celebracións tamén terán o seu inicio o hoxe, día 8, ás 22.00 horas, cunha cea a base de liscos e chourizos gratuítos. A noite estará amenizada polo gruò Unión y Fuerza e polo DJ David Expósito.
O sábado e o domingo haberá misa ás 13.30 horas mentres que a sesión vermú correrá a cargo dos dous días de Alma Latina. Ademais, o sábado a programación contará con verbena, na que estará o mesmo grupo xunto ao Fania Blanco Show.
VILALBA
A Asociación de veciños de Vilapedre celebra este sábado, 9 de xullo, un xantar con sesión vermú incluída que estará ao cargo de Tania nun campo cuberto con carpa.
O xantar consistirá en empanadas, xamón cocido, churrasco con patacas e chourizos, trata de queixo, bebidas e café.
Tamén en Vilalba celebrarase as festas de Santiago en Boizán. O día grander será o sábado 9 con misa solemne ás 13.30 horas seguida de procesión e sesión vermú co grupo Fénix. Este mesmo encargarse da verbena xunto a La Hora Bruja.
O domingo rematarán as festas co dúo Venus en sesión vermú, trala misa e procesión que se iniciarán ás 13.30 horas.
XERMADE
Cabreiros tamén está de festa facendo coincidir na mesma data as celebracións patronais cunha Feira de Artesanía e de Produtos Alimenticios de de Proximidade.
A feira abrirá as súas portas de 10.30 a 20.00 horas tanto sábado como domingo e combinarase coa programación das festas na honra a Santa Mariña. Estas xa arrancarán o venres 8 co primeira verbena, que estará ao cargo de Los Satélites.
O sábado haberá misa solemne ás 13.00 horas seguida da tradicional procesión e a sesión vermú coa orquestra Cocktail, que se ocupará pola noite da verbena xunto á Panorama.
O día 10, a sesión musical estará ao cargo da orquestra Tokio que se ocupará da sesión vermú despois das 13.00 horas e volverá actuar pola noite coa verbena que porá o punto final ás festas.
CONVIVIO
Por outra banda, a Casa-Museo Manuel María, en colaboración coa Federación Galiza Cultura, celebra tamén IX edición do Convivio da Cultura Galega que se celebrará na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei o próximo 9 de xullo, retomando esta xornada lúdica e festiva que se veu alterada nestes dous últimos anos, tanto na data como no seu deseño, pola covid-19.
Podes consultar a programación no seguinte enlace