Friol organiza de novo os campamentos de verán a partir do 23 deste mes

LugoXa | TerraChaXa
O prazo para inscribirse en estes interesantes campamentos xa está aberto
campamento-de-veran-friol
Cartel
8 Jun 2025

O Concello de Friol segue apostando por fomentar o deporte e os bos hábitos entre a poboación máis nova. Para elo opta por celebrar este verán, a unha nova edición dos campamentos de verán, onde haberá unha gran parte da programación dedicada ao deporte con atletismo, teatro, movemento rítmico, deporte, piscina e xogos cooperativos.

O prazo para inscribirse en estes interesantes campamentos xa está aberto. Pode realizarse a inscrición nas oficinas do Concello de Friol, ou tamén a través do correo electrónico info@concellodefriol.es. As prazas cubriranse por orde de inscrición, e terán preferencia os veciños e veciñas de Friol, por diante dos non empadroados. 

Esta actividade de verán comezará o día 23 de xuño e rematará o 5 de setembro. Realizarase en horario de mañá para os participantes con idades entre os 4 e os 14 anos.

O prezo do campamento será de 60 euros ao mes para os veciños e de 40 para os irmáns. Para os de fóra o prezo sobe a 130 euros e 90 para irmáns.

Os prezos por semana será de 20 euros (10 para irmáns) e de 45 (30 para irmáns).

Haberá tamén servizo de madrugadores desde as 8.00 por un prezo de 20 euros adicionais por semana. Para poñelo en marcha será necesario un mínimo de 15 nenos por día.

⚙ Configurar cookies
0.17156386375427