Friol organiza unha nova edición dos campamentos de verán
O Concello de Friol segue apostando por fomentar o deporte e os bos hábitos entre a poboación máis nova. Para elo opta por celebrar este verán, a unha nova edición dos campamentos de verán, onde haberá unha gran parte da programación dedicada ao deporte con atletismo, teatro, movemento rítmico, deporte, piscina e xogos cooperativos.
O prazo para inscribirse en estes interesantes campamentos xa está aberto. Pode realizarse a inscrición nas oficinas do Concello de Friol, ou tamén a través do correo electrónico info@concellodefriol.es. As prazas cubriranse por orde de inscrición, e terán preferencia os veciños e veciñas de Friol, por diante dos non empadroados.
Esta actividade de verán comezará o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto. Realizarase en horario de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas para os participantes con idades entre os 4 e os 14 anos.
Ademais, os xóvenes de 15 a 18 anos que queira participar como líderes voluntarios poden facelo de xeito gratuíto.
O prezo do campamento será de 60 euros ao mes para os veciños e de 40 para os irmáns. Para os de fóra o prezo sobe a 125 euros e 85 para irmáns.
Os prezos por semana será de 20 euros (10 para irmáns) e de 49 (25 para irmáns).
Haberá tamén servizo de madrugadores desde as 8.00 por un przo de 20 euros adicional por semana. Para poñerlo en marcha será necesario un mínimo de 10 nenos.