Friol pavimenta accesos no rural por importe de 150.000 euros

LugoXa | TerraChaXa
Está traballando nos núcleos de O Bustelo, O Pacio, San Cibrao, Sixto, Porto de Cas e A Pereira
obras-pavimentacion-estradas-caminos-rural-friol
Algúns dos traballos realizados en Friol
29 Maio 2024

As obras que se están levando a cabo son de pavimentación de varios accesos, en seis viais do Concello de Friol, O Bustelo, O Pacio, San Cibrao, Sixto, Porto de Cas e A Pereira, que pertencen ás parroquias de Guimarei e Condes, Pacio, San Cibrao, Xiá e Carballo. Estas obras están sendo executada pola empresa Mantenimiento Forestal MG SL.

Estanse levando a cabo os traballos necesarios para realizar estas obras tan importantes para o Concello de Friol, nun total de algo mais de seis quilómetros de lonxitude, e que suman case 147.981,62 €, que se financiarán con cargo ao Plan Único.

É un proxecto de importancia para a poboación de Friol, pois trátase de realizar de melloras e mantemento de camiños municipais que benefician ás parroquias mencionadas e en xeral a unha gran parte da veciñanza.

As vías obxecto de actuación, mediante pavimentacións, estaban en mal estado debido ás condicións normais do tráfico, o paso de maquinaria agrícola ou para traballos forestais, as condicións atmosféricas e en definitiva o paso de tempo. Polo tanto, as actuacións a realizar foron encamiñadas a reparar as deficiencias que presentaban e a previr que se produciran máis danos.

Todas estas actuacións que se están executando, traerán unha considerable mellora na calidade de vida dos habitantes das zonas do municipio onde se está actuando, pois a mellora de todos estes camiños facilitará o acceso polos mesmos aos habitantes do Concello.

Para o equipo de Goberno isto é algo prioritario e no que procuran traballar cada día, e como di o seu alcalde José Á. Santos “que as vías polas que temos que circular cada día estean en bo estado é prioritario para facilitar o paso e evitar posibles accidentes que poden ocasionarse co mal estado das mesmas, e tamén que todas as persoas que nos visitan ao longo do ano non teñan problemas para circular polas vías municipais”.

0.13522911071777