Friol celebra este domingo a XXVII edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá

TerraChaXa
Un ano máis, o concello de Friol acollerá unha nova edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá, que chega á súa 27 edición e que terá lugar o 24 de marzo no centro da localidade, onde se ubicará unha gran carpa para acoller aos produtores destes tesouros da alimentación, estrelas desta celebración.
friol queso 2019
22 Mar 2019

Un ano máis, o concello de Friol acollerá unha nova edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá, que chega á súa 27 edición e que terá lugar o 24 de marzo no centro da localidade, onde se ubicará unha gran carpa para acoller aos produtores destes tesouros da alimentación, estrelas desta celebración.

Ademais o alcalde presentou o expediente correspondente para que a Feira do Queixo e Pan de Ousá sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego. "Presentouse unha memoria onde xuntamos toda a información sobre queixos, panes, queixerías e panaderías do concello, así que estamos convencidos de que está feira merece o seu recoñecemento" dixo o alcalde durante a presentación.

“A feira do Queixo e Pan de Ousá é un gran escaparate gastronómico e turístico, sendo un dos principais sinais de identidade da vila, que axuda a dinamizar de maneira decidida a actividade económica, especialmente do sector primario. Sendo este o principal motor na actualidade, debemos contribuir a súa potenciación para que sexa o máis competitivo posible”, explicou o alcalde, José Ángel Santos.

Unha gran carpa ubicada na praza Andón Cebreiro acollerá arredor de 95 queixerías e 5 panaderías, que exporán os seus produtos para a súa venda. Segundo a organización, esperan superar con estas cifras a participación de anos anteriores, con 12.000 queixos e 3.500 pezas de pan no mercado nunha única xornada.

Ao carón desta carpa principal tamén estará situado o stand municipal, onde a partires do medio día todos os asistentes poderán degustar totalmente de balde os dous principais produtos acompañados dun viño. Ademais, arredor desta instalación, o Concello colocará stands onde poderán mercarse outros produtos agroalimentarios do concello, como carne, mel e ovos, entre outros.

Debido tanto á feira como á gran cantidade de público esperado, permanecerán pechadas ao tráfico tamén as rúas Deputación e Santa Isabel, onde se instalarán as pulperías e tendas ambulantes. O alcalde lembrou que todas estas instalacións estarán libres do abono das taxas municipais.

Previsiblemente o programa será parecido aos anos anteriores, e a festa dará comezo pola mañá co lanzamento de foguetes, para, media hora máis tarde, asignar os stands ás queixeiras e panaderías participantes. A feira abrirá as súas portas ao público arredor das 11.30 da mañá, co tradicional corte de cinta, que este ano correrá a cargo dunha panadeira.

A parte musical amenizarana os grupos Xesta Verde e a Charanga de Vilalba, e xa cara ás 19:00 horas A Banda da Loba ofrecerá un concerto de folk no Centro Sociocultural de Friol, e asi mesmo coincidirá coa nova apertura do Centro trala finalización das obras. A orquestra Olympus poñerá o broche final a esta importante feira, que se clausurará sobre as dúas da madrugada.

Debido á aglomeración de xente esperada, o concello habilitará un aparcadoiro nas instalacións do Mercado Municipal e nas rúas do Polígono Industrial.

 

Queso friol 2019
0.20882511138916