Friol prepara para o día 5 de xaneiro unha Festa de Reis
O Concello de Friol convida a sua poboación infantil á festa infantil dos Reis Magos que se celebrará este Nadal para os nenos e nenas do municipio de ata catorce anos de idade.
A festa terá lugar o vindeiro día 5 de xaneiro ás 5 da tarde, no pavillón polideportivo municipal, onde se instalará o escenario para recibir aos Reis Magos. As súas maxestades recollerán unha por unha as cartas dos pequenos e faranse fotos con eles.
A xornada amenizarase con música, globos, serpentinas, confeti e outras sorpresas. Tamén haberá xogos e inchebles como outros anos, e expoñeranse as manualidades e traballos realizados nos obradoiros de Nadal organizados polo Concello.
Para rematar celebrarase un sorteo con moitos agasallos como bicicletas, libros, monecas, quebracabezas, e outros xoguetes entre todos os que acudades.
Debido a situación sanitaria e para minimizar os riscos de contaxio, so se poderá acceder ao recinto da festa con dous acompañantes, como máximo, e sempre coa entrada.