Friol prepara un curso sobre tecnoloxías e aproveitamento dixital
O mércores 18 de setembro de 2019 está previsto que teña lugar en Friol unha xornada que baixo o título O Cidadán Dixital, para formar ás persoas asistentes nos principais procedementos informáticos para que os apliquen no seu día a día tanto persoal como profesional.
Entre outros, os procedementos máis destacados que se verán nesta xornada son buscador de información na web, creación e envío de correos electrónicos, realización de trámites con algunhas administracións públicas, manexo de redes sociais, etc.
Esta xornada, sen custe económico para os participantes, celebrarase no Centro Sociocultural de Friol en horario de 16.00 a 20.00 horas. Todas as persoas interesadas poden facer a súa inscrición chamando aos teléfonos 982 370 001 ou 982 238 000.
O prazo xa está aberto.