Friol prepara unha nova edición da Festa da Xuventude para o 29 de agosto

LugoXa | TerraChaXa
A mocidade local prepárase para unha noite chea de música, festa e gastronomía 
presentacion-festa-da-xuventude-de-friol
13 Aug 2025

O Concello de Friol organiza un ano máis a súa tradicional Festa da Xuventude, un evento que pon en valor a participación e a enerxía da mocidade local. A presentación oficial desta edición tivo lugar este mércores coa presenza de mozos e mozas do municipio xunto a membros do Equipo de Goberno.

A celebración terá lugar o venres 29 de agosto e será o penúltimo evento da programación estival do Concello. A cita comezará ás 21:30 horas no Parque Rosalía de Castro cunha gran churrascada e pancetada, seguida dunha verbena na Praza Andón Cebreiro a partir da medianoche, animada pola Orquestra Origen e a Disco Móbil Elation, que manterán o ambiente festivo ata altas horas.

A Festa da Xuventude conta coa organización do Concello e a colaboración da Xunta de Galicia, así como coa participación activa da mocidade local. Desde o Concello animan a todos os mozos e mozas a sumarse a esta cita, que destaca a importancia da xuventude na vida social e cultural de Friol.

⚙ Configurar cookies
0.16649198532104