Friol prepárase para celebrar a XI Carrreira Popular o sábado

LugoXa | TerraChaXa
Organizada polo Concello, conta coa colaboración do Club de Atletismo do pobo
presentacion-carreira-popular-friol
21 Apr 2025

Este luns tivo lugar a presentación da undécima edición da Carreira Popular. Será en este mes de abril, como as últimas edicións.

A presentación estivo presidida polo alcalde, José A. Santos, acompañado da delegada de Alcaldía, María Ángeles Buján, a presidenta do Club de Atletismo, Asunción Franco, e o concelleiro de Deportes, adestrador do Club de Atletismo Friol e director do CPI Doutor López Suárez, Felipe Barata.

Esta nova edición da carreira popular en Friol terá lugar o sábado 26 de abril, con saída na Praza de España (diante do Concello). Haberá dúas categorías: a de menores que comezará ás 17:15 horas e seis distancias diferentes (100, 300, 400, 2100 e dúas de 1400 metros), e a absoluta, que terá como hora de inicio ás 18:00 horas e conta con dez categorías.

O recorrido da categoría absoluta será de cinco quilómetros, que se inicia na Praza de España, continúa pola avenida de Lugo, ao pasar a gasolineira, estrada dirección Ousá ata a rotonda, onde se toma a circunvalación dirección Friol, Rúa Santa Isabel ata enlazar coa Avenida de Lugo, e á altura do colexio dáselle unha volta ao mesmo para entrar na meta.

A entrega de premios será sobre as 19:00 horas diante da casa consistorial.

O prazo para inscribirse na mesma remata este martes día 22. As inscricións realízanse a través da plataforma de Champion Chip Norte.

O Concello de Friol ten claro que hai que continuar involucrándose tanto económica como organizativamente para poder repetir cada ano probas deportivas de este tipo.

O alcalde, José Á. Santos, manifesta que “dende o Concello de Friol seguiremos promovendo este tipo de eventos deportivos, e mais vendo toda a implicación que hai dende toda a comunidade do centro escolar público de Friol, e tamén dende o Club de Atletismo de Friol, polo que cremos que se deben seguir apoiando e fomentando este tipo de actividades, imprescindibles para crear unha sociedade mais saudable tanto a nivel físico como mental”.

⚙ Configurar cookies
0.15488290786743