Friol prepárase para vivir as súas festas patronais

TerraChaXa
Tralo éxito da Feira do Queixo de Friol e o Pan de Ousá e o Friulio, celebrados nos meses de marzo e maio, Friol prepárase para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 13 ao luns 15, este último coincidirá como festivo local.
cartel friolModificado
11 Xul 2019

Tralo éxito da Feira do Queixo de Friol e o Pan de Ousá e o Friulio, celebrados nos meses de marzo e maio, Friol prepárase para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 13 ao luns 15, este último coincidirá como festivo local.

Como manda a tradición, haberá misa os tres días, ás 13.00 horas. Tras a celebración relixiosa haberá tamén tempo de música con sesión vermú, o sábado coa orquestra Israel, op domingo con La Favorita e o luns co grupo D'Moda.

Pola noite haberá verbena coas orquestras Gran Parada e New York, para pechar a festas coa actuación do Combo Dominicano.

As festas e Friol reunirán novamente aos veciños, que colaboran todos os anos cunha couta. Ademais, o concello fixo unha especial colaboración neste evento ademais das colaboracións de diferentes negocios. Ademais, a organización realizou diferentes eventos para costear a celebración como unha cea-baile, unha actividade que se celebrou tamén o ano pasado e que tivo moito éxito.

A programación festiva, que se garda algunhas sorpresas, complétase con atraccións para os máis cativos.

0.1353120803833