Friol presenta o seu libro de recompilación dos premios de investigación

TerraChaXa | LugoXa
Friol e a asociación Carballo Vivo veñen de publicar o libro que recolle todos os traballos premiados no Premio de Investigación.
presentacion libro traballos investigacion friol
30 Jul 2022

O Concello de Friol e a asociación Carballo Vivo realizaron un acto de presentación do libro que veñen de publicar, o cal recolle todos os traballos premiados nas tres edicións realizadas do seu recoñecido Premio de Investigación Concello de Friol.

Esta publicación puido ver a luz gracias ao apoio económico do Concello de Friol e ao traballo que realizaron varios membro da asociación mencionada en liñas superiores.

Estes traballos publicados achegan abundante e valiosísima información de historia, cultura e patrimonio de Friol.

É un traballo que se publicou en dous tomos, debido á numerosa cantidade de páxinas que o conforman, case 800 en total, e que recollen os seguintes traballos: A arquitectura renacentista de índole civil e relixiosa en Friol: Posta en valor e dignificación, de Cristina Barreiro Abuín; Toponimia do Concello de Friol, de Laura Ferro Devesa e Estefanía Ferro; As mámoas e os petróglifos do Concello de Friol, de Brais Rodríguez Romero e Xabier Moure Salgado; Friol prehistórico. Un estudo dos petróglifos, túmulos e castros do Concello de Friol, de Ana Fariñas Rodríguez; Friol como paradigma de estudo do románico rural galego, de Alberta Lorenzo Aspres; e Catalogación etnográfica do patrimonio hidráulico de Friol. Os muíños, de Cristina Barreiro Abuín e Mª del Carmen Prado Penas.

Pode desfrutarse en formato dixital, de forma gratuíto, na páxina web do Concello de Friol premando neste enlace.

Este proxecto iniciouse fai 3 anos, cunha comisión coordinada por Xesús Rodríguez Rodríguez, en colaboración coa editorial e as autoras e autores dos traballos, que viñeron traballando na súa edición, para facer publicables os documentos de investigación, co obxectivo de que foran accesibles e puideran ser lidos de forma comprensiva e útil por todas aquelas persoas que o desexen.

A comisión estivo composta por Dolores López Caión, que ademais foi a responsable de realizar a revisión lingüística, José Manuel Iglesias Espiño, Mª do Mar Pérez Fra, Montse Castro Rodríguez, Mª Ángeles Buján Burgo e Xesús Rodríguez Rodríguez.

Nesta presentación, dirixida polo veciño de Friol e periodista, David Espiño Fernández, estiveron presentes a maioría dos autores a autoras dos traballos premiados e, polo tanto, recollidos en estes dous volumes. Tamén estiveron presentes membros do xurado, de Carballo Vivo, investigadores do máis relevante do ámbito galego e nacional como Antonio Reigosa Carreiras, un gran número de representantes de outras asociacións do Concello e tamén un gran número de veciños do pobo.

Na mesa, dirixindo o acto, estivo o alcalde de Friol, Jose Ángel Santos; o coordinador da obra, impulsor do certame, socio de Carballo Vivo e veciño de Friol, Suso Rodríguez; o actual presidente de Carballo Vivo e veciño de Friol, Jose Ángel Moreno; e o recoñecido arqueólogo, historiador, escritor e Ex-Director do Museo do Castro de Viladonga, Felipe Arias Vila.

O alcalde José Ángel Santos destacou a importancia de este premio "para seguir na liña de impulsar e promocionar o noso patrimonio, a nosa cultura, a nosa historia, porque este tipo de traballos son unha ferramenta básica para axudar á súa dinamización".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17219400405884