Friol reabre este venres as piscinas trala reforma

TerraChaXa | LugoXa
Como todos os anos Friol reabre as súas piscinas e faino uns días máis tarde do previsto debido ás obras no club fluvial.
apertura piscinas municipais portada
6 Xul 2022

Como todos os anos o Concello de Friol reabre as súas piscinas e faino uns días máis tarde do previsto debido ás obras que se están a levar a cabo no club fluvial.

Así, este venres, 8 de xullo, estarán abertas ao público ata o 12 de setembro. As instalacións contan con unha piscina para nenos e outra para adultos. O horario de apertura ao público será de luns a venres de 14:00 a 20:00 horas e sábados, domingos e festivos de 12:00 a 21:00 horas.

O Concello está a refacer o club fluvial e aínda que este non está aberto ao público aínda, si o estarán as piscinas, de nova construción, xa que non centro investíronse 970.000 euros que implican tamén un novo local social con cafetería e o axardinamento exterior.

0.078474044799805