Friol recuperará en marzo a Feira do Queixo e Pan de Ousá
O próximo día 20 de marzo celebrarase a XXVIII Edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá no Concello de Friol, onde as queixeira de todo o municipio e as panaderías de Ousá poderán expoñer e vender os seus exquisitos produtos.
O Concello de Friol leva xa dous anos sen poder celebrar esta sonada feira, que cumpre xa 28 anos de vida. O motivo de non levala a cabo nin no 2020 nin no 2021 foron as restricións motivadas pola covid.
En este ano por fin poden retomala, pero por suposto, extremando as precaucións, polo que será nun formato totalmente distinto aos das edicións anteriores, para poder garantir a seguridade sanitaria de todas as persoas que queiran asistir, tanto as que participarán vendendo os seus produtos como todas aqueles visitantes que queiran achegarse a Friol en ese día. Estas precaucións a tomar non deslucirán unha festa tan importante, así que se espera unha gran afluencia de vendedoras e vendedores e de público en xeral, que se acerquen a Friol a pasar un día alegre e de festa.
Aínda que está previsto que o formato de como se coñece a Feira do Queixo e Pan de Ousá mude para garantir en todo momento a seguridade sanitaria e o protocolo, para nada vai deslucir un dos eventos mais importantes que ten a provincia de Lugo, nesta edición por parte do Equipo de Goberno, están ultimando todo tipo de detalles na organización do evento que case seguro manterá en liñas xerais o programa de anos anteriores aínda que con pequenas puntualizacións que se darán a coñecer na súa presentación e que para nada repercutirán nun dos dias mais importantes de Friol.
A Feira dio Queixo e Pan de Ousá foi a plataforma perfecta a través da súa difusión chegando a toda Galicia e nos últimos anos incluso a parte do noroeste de España, a Feira foi o escaparte perfecto para difundir e impulsar estes dous produtos no exterior, conseguindo renovando instalacións tanto de panaderías como queixerías, adaptándoas aos novos tempos, modernizando toda a maquinaria necesaria para produción e incluso aumentándoa, como tamén as novas construcións que se foron asentando nos últimos anos, tanto podemos falar de novas queixeirias como novas panaderías, co único obxectivo de conseguir producir para tratar de cubrir a demanda.
O alcalde, José Ángel Santos indica que “a celebración de esta feira é moi importante para o noso municipio, e para todos os veciños e veciñas en xeral. A nosa feira, é un gran escaparate gastronómico e incluso turístico, sendo un dos principais sinais de identidade como friolenses, que axuda a dinamizar de maneira decidida a actividade económica, especialmente do sector primario. Sendo este o principal motor na actualidade, debemos contribuír a súa potenciación para que sexa o máis competitivo posible.
O rexedor espera a asistencia e participación de gran parte das queixeiras de Friol, e de todas as panaderías de Ousá, en este día tan especial para o pobo, desexando que sexa inesquecible para toda a poboación do municipio de Friol.