Friol remata as obras da nova pista de tenis e a urbanización do Camiño Real

TerraChaXa | LugoXa
Dende o Equipo de Goberno de Friol traballan para seguir mellorando infraestruturas e sendas no pobo, por un importe nesta ocasión de 70.000€.
urbanizacion camino real friol
4 Dec 2021

O Concello de Friol vén de rematar a obra de mellora da pista de tenis que se atopa no complexo fluvial do municipio. Esta executouse a través dun convenio coa Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte. O importe total das actuacións que se realizaron ao abeiro de este convenio ascende á cantidade de case 40.000€, da que a Secretaría Xeral para o Deporte achegou o 80% e o Concello de Friol a cantidade restante, o 20%, o que supuxo case 8.000€.

As actuacións que se realizaron na pista de tenis existente de 36 x 18 m, cunha área total de 648 m2, foron retirar o equipamento e o cerramento do perímetro existente, renovación da superficie da pista e correspondente pintado do pavimento, colocación do novo feche e equipamento da pista con postes e rede.

Outro dos proxectos que se rematou foi a Execución do adoquinado do Camiño Real no entorno do núcleo de Friol, que se levou a cabo gracias a unha subvención da Axencia Galega de Turismo. Dita subvención cubriu o 100% da actuación, que supuxo un investimento de case 30.000€. Esta actuación consistiu no acondicionamento do camiño existente para posterior afirmado, realización de drenaxes necesarios e formación de pavimento mediante colocación flexible de lastras de pedra natural en 258 m2.

A pista de tenis levaba moito tempo nunhas condicións pésimas, o que dificultaba o seu uso polas persoas interesadas en practicar este deporte.

O tramo do Camiño Real que se arranxou, foi porque debido á falta de drenaxe, tiña zonas que en épocas de chuvias se vían moi afectadas. E tamén porque é un tramo moi transitado para pasear, e deste xeito facilítase o paso polo mesmo.

O alcalde José A. Santos indica que “estas actuacións leváronse a cabo en beneficio dos veciños e veciñas como tamén dos visitantes que ase achegan cada ano a coñecer o noso municipio, unha vez mais agradezo a colaboración da Xunta de Galicia, que gracias a súas aportacións foi posible a execución de ambos proxectos”.

nova pista de tenis friol
0.067468881607056