Friol rematou as obras de rehabilitación integral do centro sociocultural

TerraChaXa
A veciñanza de Friol dispón dun renovado centro sociocultural despois das obras de rehabilitación integral do edificio executadas polo Concello.
1
6 sep 2019

A veciñanza de Friol dispón dun renovado centro sociocultural despois das obras de rehabilitación integral do edificio executadas polo Concello.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, visitou as instalacións, nas que queda pendente a dotación de novo mobiliario. A actuación está financiada a través dun convenio coa Consellería de Política Social, que contempla unha achega máxima de 400.000 euros.

Estas melloras contribúen a facer “máis habitable e funcional un espazo de uso público”, salientou Balseiro, quen apuntou que este tipo de intervencións “axudan a mellorar a calidade de vida das persoas que residen nas zonas rurais”, xa que facilitan o acceso a “servizos e instalacións que desfruta con normalidade a xente que vive no entorno urbano”.

O proxecto contemplou unha reforma completa do inmoble, tanto interior como exterior, que incluíu o illamento do edificio, a renovación da cuberta, a substitución das carpinterías exteriores e o cambio de pavimentos interiores. Actuouse tamén na instalación eléctrica e de fontanería. 

Nas plantas interiores redistribuíronse espazos para acadar unha maior funcionalidade no seu uso e realizáronse actuacións encamiñadas a mellorar a accesibilidade.

O centro sociocultural de Friol foi inaugurado no ano 1997. Consta de tres plantas e alberga a biblioteca municipal, un salón de actos con capacidade para 300 persoas e aulas destinadas a diferentes usos, como as actividades e servizos de carácter social. 

0.18845009803772