Friol utiliza os produtos da súa hostalaría para elaborar o calendario do 2024
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol elaborou un calendario do 2023 para repartir entre os veciños e no que se recollen imaxes do termo municipal.
13 Dec 2023
Un ano máis, o Concello de Friol elaborou un calendario para repartir entre os veciños da localidade. Nesta ocasión, para ilustrar o ano 2024 utilízanse imaxes dos produtos da zona, "para poñer en valor a variedade e calidade da nosa hostalería".
"A nosa gastronomía baséase no esforzo contínuo mantido durante xeracións para obter os mellores manxares.
Grazas ao bo saber e bo facer das nosas xentes, os produtos de Friol son ricos en calquera das variedades en que se presenten. Neste calendario que chegará a todas as vivendas do municipio ofrecemos en imaxes a riqueza da nosa gastronomía local", explicou o alcalde, José Ángel Santos.
O Concello fai todos os anos o envío do almanaque xunto coa felicitación do Concello aos veciños.