Friol vivirá as súas festas de Santa Isabel a fin de semana

TerraChaXa | LugoXa
Friol prepárase este mes de xullo para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 8 ao luns 10.
festas santa isabel friol portada
4 Jul 2023

Friol prepárase este mes de xullo para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 8 ao luns 10, este último coincidirá como festivo local.

Como manda a tradición, haberá misa os tres días. Tras a celebración relixiosa haberá tamén tempo de música con sesión vermú, o sábado coa orquestra Escaparate, o domingo con Acordes e o luns con Tania Veiras.

Pola noite haberá verbena coas orquestras Furia Joven de Canarias, o venres, e nos días seguintes New York e Marbella, para pechar as celebracións.

As festas de Friol reunirán novamente aos veciños, que colaboran todos os anos cunha couta. Ademais, o concello fai unha especial colaboración neste evento ademais das colaboracións de diferentes negocios.

A programación festiva, que se garda algunhas sorpresas, complétase con actividades para os máis cativos.

festas santa isabel friol
0.16484308242798