Friol vivirá as súas festas de San Isabel a próxima fin de semana
Friol prepárase este mes de xullo para desfrutar das súas festas patronais, na honra de Santa Isabel, que terán lugar do sábado 9 ao luns 11, este último coincidirá como festivo local.
Como manda a tradición, haberá misa os tres días. Tras a celebración relixiosa haberá tamén tempo de música con sesión vermú, o sábado coa orquestra M-3 Show, o domingo con Stereo e o luns co dúo Eclipse.
Pola noite haberá verbena coas orquestras Suavecito, o venres e nos días seguintes La Banda de Ayer e New York.
As festas e Friol reunirán novamente aos veciños, que colaboran todos os anos cunha couta. Ademais, o concello fixo unha especial colaboración neste evento ademais das colaboracións de diferentes negocios.
A programación festiva, que se garda algunhas sorpresas, complétase con actividades para os máis cativos.