Friol volve elaborar o calendario con imaxes da localidade

LugoXa | TerraChaXa
Nesta ocasión está composto por imaxes dos diferentes eventos, actividades e celebracións que enchen de vida o termo municipal durante todo o ano
calendario-2026-friol
11 Dec 2025

Un ano máis, o Concello de Friol elaborou un calendario do 2026 para repartir entre os veciños da localidade e no que se recollen imaxes vinculadas ao termo municipal.

Nesta ocasión está composto por imaxes dos diferentes eventos, actividades e celebracións que enchen de vida o termo municipal durante todo o ano.

"Friol sempre foi exemplo de hospitalidade, e cada cita que celebramos convértese nun éxito grazas á vosa participación. Estas tradicións non só perduran, senón que inspiran novas iniciativas que fan do noso Concello un destino perfecto para eventos festivos, culturais, deportivos e sociais", explicou o alcalde.

O Concello fai todos os anos o envío do almanaque xunto coa felicitación do Concello aos veciños.

⚙ Configurar cookies
0.084938049316406