Friol volverá acoller este ano a cuarta proba da Transgalaica de MTB
LugoXa | TerraChaXa
Os participantes desta proba ciclista de montaña poderán gozar desde primeira hora da mañá dunha competición que se desenvolverá nun circuíto de preto de 70 quilómetros
8 Nov 2024
O domingo 13 de abril os amantes do ciclismo de montaña terán unha nova cita en Friol coa celebración da cuarta proba da Transgalaica - Maratón MTB Series. Esta chega despois do seu paso por Cercedo-Cotobade, Ames e Silleda, e Terá o seu fin en Manzaneda o 27 de abril.
Será o segundo ano que esta proba pasará pola localidade luguesa.
Os participantes desta proba ciclista de montaña poderán gozar desde primeira hora da mañá dunha competición que se desenvolverá nun circuíto de preto de 70 quilómetros con moitas esixencias físicas, que transcorrerán por distintos puntos da localidade.