FRUGA asegura que o novo proxecto de lei sobre controles sanitarios nas explotacións perxudica aos galegos

TerraChaXa
A Federación Rural Galega (FRUGA) asegura que o Ministerio de Agricultura español prepara un proxecto de lei sobre controles sanitarios nas explotacións de leite que favorece a concentración da produción e prexudica ao sector produtor galego.
23 Maio 2018

A Federación Rural Galega (FRUGA) asegura que o Ministerio de Agricultura español prepara un proxecto de lei sobre controles sanitarios nas explotacións de leite que favorece a concentración da produción e prexudica ao sector produtor galego.

Segundo explica, actualmente está a debate un proxecto de lei, que regula a produción primaria de leite procedente de femias domésticas, e establece os pertinentes controles sanitarios aplicables. As 7900 explotacións lácteas galegas, poden verse seriamente afectadas por esta nova normativa no caso de que este vai avante.

Os cambios mais salientables do mesmo pasan porque as mostras sexan analizadas na propia explotación polo transportista. A día de hoxe o transportista soamente se limita a recoller a mostra correspondente, e enviala ao laboratorio interprofesional que lle pertence.

Desde a Federación Rural Galega-FRUGA entenden que a aplicación desta normativa é moi complexa en Galiza, tendo en conta as características das propias explotacións lácteas galegas. Estamos a falar de mais do 50% do total de ganderías de vacún de leite do Estado, sendo a maioría delas de carácter familiar e espalladas por varias comarcas de Galiza.

Este proxecto de lei pretende que o leite sexa analizado na propia granxa antes de ser cargado no camión do transportista co que este verase obrigado a parar unha media duns 30 minutos en cada unha delas. Isto pode ter varias consecuencias; por unha parte que os tempos de recollida sexan mais longos impedindo, nalgúns casos, completar toda a ruta, e por outra que se eleven os custes de recollida e este sobrecuste vaia recaer sobre os prezos que percibimos os e as produtora mediante unha baixada dos prezos do noso leite, que xa son os mais baixos de todo o Estado.

FRUGA indica que con esta normativa o Ministerio de Agricultura está propiciando a concentración da produción en macro-explotacións como a mellor medida para aforrar custes de recollida, xa que estas estarán en condicións de ter o seu propio laboratorio, o que vai en contra dos intereses das granxas galega e en contra de Galiza.

As explotacións lácteas galegas son claves para manter un medio rural galego vivo ao estar espalladas ao largo de practicamente todo o territorio da Galiza. Nos últimos anos vimos asistindo á progresiva perda de unidades produtivas, nestes momentos xa somos menos de oito mil, ao tempo que á súa concentración en menos zonas da Galiza. De levarse a cabo este proxecto de lei o proceso será aínda mais agudizando, propiciando a desertificación de amplas zona de Galiza que hoxe teñen na produción de leite a súa base de subsistencia.

Estamos perante un proxecto de lei encamiñado a favorecer un modelo de produción de carácter totalmente intensivo, sen ter en conta para nada as condicións naturais do noso País e cando nestes momentos varias empresas lácteas, están apostando por valorizar o leite de pastoreo ou produción de leite ecolóxico.

Desde a FRUGA parécenos, que o papel que ten que desenrolar o transportista é outro, e non o de ser a persoa encargada de analizar as mostras, para iso xa están os laboratorios correspondentes.

FRUGA exíxelle ao Ministerio de Agricultura, que abandone este proxecto de lei, e que traballe na consecución dun modelo de produción baseado na terra, e no cal o noso país, tería moitas posibilidades de ser pioneiro.

0.18792915344238