Fruga solicita da Xunta axudas para os danos ocasionados pola fauna salvaxe

TerraChaXa
A Federación Rural Galega-FRUGA, solicítalle a Xunta que poña en marcha un sistema de axudas inmediato, que permita paliar tódolos danos ocasionados pola fauna salvaxe, os gandeiros e gandeiras Galegos non podemos facerlle perde a estas perdas, e polo tanto deben ser as administracións competentes, que asuman todos estes danos.
31 Xan 2018

A Federación Rural Galega-FRUGA, solicítalle a Xunta que poña en marcha un sistema de axudas inmediato, que permita paliar tódolos danos ocasionados pola fauna salvaxe, os gandeiros e gandeiras Galegos non podemos facerlle perde a estas perdas, e polo tanto deben ser as administracións competentes, que asuman todos estes danos.

Os ataques da fauna salvaxe, principalmente os ocasionados polo xabarín van en aumento nos últimos anos. A día de hoxe, hai lugares no país no que estes ataques son habituais, repetíndose en varias ocasións na mesma semana.

Os cultivos mais afectados, son principalmente os pasteiros. E frecuente ver como un día tras outro, os prados aparecen arados, pola acción destas alimañas. As perdas ocasionadas, por estes ataques son cuantiosas, dándose casos nos cales algún gandeiro non descarta abandonar a súa actividade como consecuencia dos danos do xabarín.

O desenrolo da actividade agrogandeira vese seriamente afectado, pola acción da fauna salvaxe, vendo como as fincas non producen o forraxe preciso, e tendo que voltar a reparar a diario todos estes danos. Tendo en conta ademais que estamos nun momento no cal a situación dos gandeiros e gandeiras galegas é sumamente difícil como consecuencia dos baixos prezos, se agora lle sumamos estas perdas nos cultivos danados, observamos como o abandono do rural pode ir en aumento.

Desde a FRUGA, consideramos que a Xunta de Galicia ten que tomar cartas no asunto, e non mirar para outro lado ante esta problemática. Anteriormente xa houbo demandas por parte de FRUGA por este tema, e pasado o tempo desde a administración autonómica non fixo absolutamente nada. Neste último ano, observamos como os danos van en aumento, e desde logo a Xunta apenas pon en marcha ningún tipo de axudas, e con enormes dificultades para poder percibir algo.

Os danos ocasionados pola fauna salvaxe, non os podemos asumir exclusivamente os gandeiros e gandeiras galegos, si realmente a fauna salvaxe é un ben social, ten que ser a sociedade quen realmente lle faga fronte as perdas que ocasiona, e non soamente as persoas que vivimos da actividade agrogandeira. A día de hoxe podemos observar como algúns concellos do Sur de Lugo, están a sufrir a diario as consecuencias da excesiva presenza de xabaríns, sen que por parte da Consellería se diga absolutamente nada.

 

0.10175704956055