Fumarel organiza as xornadas do cocido tradicional de montaña
O establecemento hostaleiro ribadense Fumarel, que está situado en rúa Doutor Moreda, celebra a terceira edición das súas xornadas de exaltación do cocido tradicional de montaña desde hoxe, venres, día 1 de febreiro, ata o 31 de marzo. Fumarel tamén ten en marcha os seus Xoves de Tapeo.
O menú das xornadas do cocido tradicional de montaña do Fumarel inclúe sopa, de primeiro prato, e a continuación cocido con cachola, lacón, solana, butelo, chanfaina, chourizo, grelos, garavanzos e patacas. De sobremesa hai filloas con mel e orellas con anís. Todos os ingredientes son de primeira calidade e foron seleccionados pola xerencia do establecemento nas zonas do interior da provincia de Lugo máis adecuadas para a produción e curación de carnes de porco.
"O obxectivo é ofrecer un cocido tradicional de montaña con produtos excelentes para que os nosos clientes non teñan que desprazarse a sitios afastados para degustar unha versión de primeira calidade deste prato típico da época do ano na que estamos. Por iso traemos os ingredientes desde eses lugares privilexiados para a súa produción e curación das carnes de porco; e despois preparámolos aquí con calma e esmero?, explicaron os responsables do Fumarel.
Para degustar o cocido tradicional de montaña do Fumarel hai que reservar previamente no propio establecemento ou chamando aos teléfonos 982.130.225 ou 639.156.738.
Ademais a vinoteca, ultramarinos e restaurante Fumarel, de Ribadeo, iniciou a segunda edición dos seus xoves de tapeo, que ofrece todas as semanas ata o 27 de xuño. Cada día ofrecen tres tapas especiais ou mini racións para elixir, a un prezo de 2 euros cada unha.