Gadis colabora co persoal sanitario entregando botellas de auga

TerraChaXa
Supermercados Gadis mostra unha vez máis o seu compromiso coa sociedade a través da campaña #Gadiscolabora no marco do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa.
Miguel Ares.
23 Abr 2020

Supermercados Gadis mostra unha vez máis o seu compromiso coa sociedade a través da campaña #Gadiscolabora no marco do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa. Esta acción consiste na repartición de máis de 300.000 botellas de auga a 46 hospitais públicos e centros privados de Galicia e Castela e León, as dúas comunidades autónomas nas que está implantada.

Con esta iniciativa solidaria, Gadis quere dar as grazas aos profesionais do ámbito sanitario, que están a desenvolver un labor primordial nas actuais e difíciles circunstancias que atravesa todo o país.

O primeiro envío de 102.000 unidades xa foi realizado aos diferentes centros sanitarios das provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, León, Valladolid, Ávila, Palencia, Zamora e Salamanca. Para unha maior eficacia, camións de Gadis repetirán entregas quincenalmente e de forma graduada nos almacéns de cada hospital.

Con esta campaña solidaria, a compañía pretende mostrar o seu apoio a sectores que son esenciais e unha referencia para todos os cidadáns nestes momentos. As importantes tarefas que desenvolven os equipos médicos, de enfermería e auxiliares, celadores e limpeza, entre outros, con extensas xornadas laborais en situacións moi complexas son un exemplo de esforzo e compromiso con toda a sociedade que Supermercados Gadis quere recoñecer con esta entrega.

Ao longo do ano, a compañía desenvolve un completo programa de RSC con máis de 2.100 accións, con seis eixos fundamentais: apoio á sociedade, cooperación con ONG´ s e colectivos desfavorecidos, sustentabilidade ambiental, crear riqueza en condicións sociais dignas, transparencia na xestión e código ético.
Os centros que están a recibir a colaboración de Gadis en Lugo son o Hospital Universitario Lucus Augusti, o Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, o Hospital Polusa e o Hospital da Costa de Burela.

0.14051198959351