Gadis doa os 26.366 euros da Gran Recollida

TerraChaXa | AMariñaXa
Gadis doa os 26.366 euros da Gran Recollida achegados por clientes da provincia de Lugo á campaña solidaria
10 Dec 2020

Gadis entregou os 26.366 euros achegados por clientes da provincia de Lugo á campaña solidaria A Gran Recollida no punto de venda do polígono do Ceao. O delegado de Gadisa en Lugo, Gonzalo Corredoira, fixo a entrega do importe en vales de compra de Supermercados Gadis a Amadora Núñez, presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, e aos responsables da entidade na Mariña e zona de Monforte.

Tanto desde a compañía como desde a entidade social han querido poñer de manifesto, unha vez máis, o seu profundo agradecemento a todos os clientes de Gadis, neste caso especialmente aos da provincia de Lugo, pola súa solidariedade nas actuais circunstancias.

Os 11 bancos de alimentos cos que Gadis coopera de forma habitual son: Lugo, Rías Altas (A Coruña, Ferrol e Santiago), Ourense, Vigo, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora. Colaboran con 800 ONG´s e diversas entidades sociais, que prestan atención e apoio a máis de 30.000 familias compostas por preto de 100.000 persoas, seriamente afectadas pola crise.

A Federación Española de Bancos de Alimentos Fesbal impulsa cada ano en novembro a campaña A Gran Recollida e sempre obtén unha destacada resposta por parte dos clientes de Supermercados Gadis tanto en Galicia como en Castela e León. A implicación do equipo humano e dos voluntarios xoga tamén un papel moi importante nos resultados. A doazón total á campaña 2020 ascendeu a 483.283 euros.

0.1847448348999