Gaibor celebra esta fin de semana as festas patronais

TerraChaXa
Esta fin de semana volven as festas patronais a Gaibor, en Begonte, na honra de San Xosé. O sábado 7 dará comezo a celebración
festa discoteca concerto
5 Maio 2022

Esta fin de semana volven as festas patronais a Gaibor, en Begonte, na honra de San Xosé.

O sábado 7 dará comezo a celebración con misa solemne e sesión vermú que estará a cargo das orquestras Acordes e Galilea, que tamén se ocuparán da verbena pola noite.

O día 8 a festa rematará coa sesión vermú, que estará amenizada por Alma Latina.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.19373106956482