Gaibor prepárase para celebrar as festas de San Andrés esta fin de semana

TerraChaXa
A comida popular será ás 15.00 horas, e o menú estará composto por empanada, polbo, tenreira sobremesa e café
festas-en-gaibor
9 Sep 2025

A parroquia de Gaibor, no concello de Begonte, vivirá unha fin de semana festiva os días 13 e 14 de setembro con motivo das súas tradicionais festas en honra a San Andrés. A programación inclúe unha comida popular, actos relixiosos, sesións vermú e verbenas para o goce de veciñanza e visitantes.

O sábado, os festexos comezarán cunha misa solemne ás 14.00 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú, amenizada polo grupo Aché. Xa pola noite, a verbena estará a cargo das formacións Aché e o dúo Calibre, que garantirán unha longa noite de música e baile.

A comida popular será ás 15.00 horas, e o menú estará composto por empanada, polbo, tenreira sobremesa e café. Todo isto por un prezo de 30 euros os socios, 35 euros os que non o sexan, 5 euros os comuneiros e 15 euros os menores de 6 anos. Na cea, a organización servirá paella.

O domingo, a celebración continúa cunha misa solemne ás 14.00 horas, seguida da súa correspondente procesión e unha nova sesión vermú, de novo a cargo do dúo Calibre.

⚙ Configurar cookies
0.1646192073822