Gaibor prepárase para celebrar as festas de San Xosé esta fin de semana

TerraChaXa
O sábado 3, os festexos comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú, amenizada pola orquestra D' Noche
gaibor-festas
30 Apr 2025

A parroquia de Gaibor, no concello de Begonte, vivirá unha fin de semana festiva os días 3 e 4 de maio de 2025 con motivo das súas tradicionais festas en honra a San Xosé. A programación inclúe actos relixiosos, sesións vermú e verbenas para o goce de veciñanza e visitantes.

O sábado 3 de maio, os festexos comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú, amenizada pola orquestra D' Noche. Xa pola noite, a verbena estará a cargo das formacións D' Noche e Marbella, que garantirán unha longa noite de música e baile.

O domingo 4 de maio, a celebración continúa cunha celebración da palabra ás 13:30 horas, a súa correspondente procesión e unha nova sesión vermú, nesta ocasión a cargo da recoñecida orquestra Galaxia, que porá o broche de ouro á fin de semana festiva.

Todos os actos desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o desfrute da festa independentemente das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.16087508201599