Gaioso celebra as festas desde o xoves
LugoXa | TerraChaXa
Límite e Costa Dorada serán as orquestras que actuarán
Cartel
20 Xul 2024
A localidade de Gaioso, en Outeiro de Rei, celebra as súas festas na honra de Santiago e Santa Ana este xoves e venres.
As celebracións comenzarán o día 25 coa misa ás 13.00 horas, seguida da procesión e a sesión vermú co grupo Límite, que tamén se encargará da verbena.
O venres repetirase o oficio relixioso e será Costa Dorada o que faga dobre sesión musical. Á noite actuará tamén Disco SP The Soud Project.