Gaitafilmes convoca unha nova edición do concurso de curtas M de Cine
A Asociación Cultural Gaitafilmes vén de convocar unha nova edición do concurso de curtas M de Cine 2018, que se celebrará o 29 e 30 de decembro en Meira.
Como sempre, as curtametraxes que se presenten deberán estar realizadas en Galicia ou dirixidas por un galego, non exceder os 20 minutos, pero con temática libre agás videoclip e spot publicitario. O idioma das pezas ten que ser galego ou castelán, ou de seren noutro, deberán estar subtituldas.
Establecese un premio do xurado, elexido por profesionais do sector, que terá unha contía de 3200 euros. Ademais, haberá un premio do público Xosé da Flor, dtoado con 200 euros.
O prazo de presentación para este certame remata este domingo día 9, ás 23.00 horas. Os interesados en participar deberán entregar os traballos co seu correponsdente formulario de inscrición en quenvai@gaitafilmes.com.
O xurado profesional estará composto de tres profesionais de reciñecido prestixio no sector, que será nomeado pola organización. A revelación dos membros do xurado farase pública antes do celebración do festival.
Pola súa banda, o xurado do público estará composto polos espectadores asistentes ás proxeccións que poderán votar pola súa obra preferida.
O xurado valorará positivamente o uso da lingua galega, así como o carácter innovador e a orixinalidade da propostam, tanto na temática como na súa resolución narrativa e formar. As decisións dos xurados faranse públicas o mesmo día das proxeccións.