Galdo, en Viveiro, festexa por todo o alto a San Pantaleón

TerraChaXa | AMariñaXa
26 Xul 2019

O sábado 27 e o domingo 28 de xullo terán lugar os festexos na honra de San Pantaleón e Santa María, do barrio vivariense de Galdo. A cita comezará cunha misa solemne e procesión ás 13 horas, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Stereo. Á noite, da verbena encargarase Stereo e o grupo Tapyóka.
Xa o domingo 28, trala misa das 13 horas, actuará a orquestra Suavecito e ás 22.30 será a gran verbena a cargo da mesma formación.
A organización da festa advierte de que hai dispoñibles amplos aparcadoiros gratuítos. Coa comisión dos festexos colabora o Concello de Viveiro, a comunidade de montes de Galdo e Seiramar Espectáculos, entre numerosos patrocinadores.

0.17908692359924