Galicia incorporou o ano pasado un total de 1.258 novos doadores de médula ósea

LugoXa | TerraChaXa
Así o comentaron os tres conselleiros que se uniron á marcha contra o cancro que tivo lugar en Outeiro de Rei
marcha-contra-o-cancro-outeiro-de-rei
23 Jun 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, apoiaron este domingo á Asociación Española contra o Cancro de Lugo participando na andaina solidaria levada a cabo no concello de Outeiro de Rei.

Nos actos previos á andaina, os representantes do Goberno galego escoitaron o testemuño dunha paciente da asociación e o conselleiro de Sanidade fixo un chamamento á doazón de medula.

Galicia incorporou o ano pasado 1.258 novos doantes de medula ósea. O total rexistrado dispoñible ascende a 15.442 persoas, a 31 de decembro de 2024, que se ofrecen a facer unha doazón en caso de seren compatibles cun paciente que o necesite.

O pasado ano foron 10 os doantes efectivos de medula. Desde que en Galicia se comezaron a realizar transplantes de medula no ano 1993, son xa 4.470 as intervencións efectuadas na sanidade pública.

⚙ Configurar cookies
0.14718413352966