Garatuxa farase cargo do cans abandonados en Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba anunciou que firmará un acordo de colaboración coa residencia de mascotas Garatuxa de Outeiro de Rei para que esta se faga cargo dos cans perdidos que se atopen no municipio chairego.
56945041_2048145275478086_4396321231331131392_n
22 Maio 2020

O Concello de Vilalba anunciou que firmará un acordo de colaboración coa residencia de mascotas Garatuxa de Outeiro de Rei para que esta se faga cargo dos cans perdidos que se atopen no municipio chairego.

Este acordo xa está tomado aínda que falta rematar o proceso burocrático debido á declaración do estado de alarma. Aínda así, a residencia canina xa se fixo cargo dalgún can nas últimas datas.

O Concello estudiará a partir de agora se o convenio con Garatuxa é práctico ou si é mellor ter no Concello unha canceira.

Actualmente a canceira existente está ao completo aínda que dous animais xa están adoptados aínda que non puideron entegarse dada a situación de emerxencia. Estes animais dependían da asociación Os Peludiños, que se facía cargo do coidado da canceira as discrepancias co Concello levaron ás voluntarias a renunciar.

0.11832022666931