Goá, en Cospeito, celebra as súas festas esta fin de semana

TerraChaXa
As festas contarán cun campo cuberto con carpa
Fogos artificiais
7 Jun 2025

A parroquia de Goá, no concello de Cospeito, vive esta fin de semana dúas intensas xornadas de celebracións con motivo das festas na honra a San Urbán e á Nosa Señora de Lourdes.

O sábado 7, os actos comezarán ás 13:30 horas coa misa solemne, seguida da tradicional sesión vermú coa orquestra Alma Latina. Pola noite, o campo da festa acollerá unha animada verea con Alma Latina e o dúo Son de Festa, asegurando música e baile para todos os públicos.

O domingo 8, a programación continuará coa misa ás 14:00 horas, seguida da procesión acompañada polo grupo de gaitas Asubiíños. A xornada culminará cunha nova sesión vermú, nesta ocasión a cargo do trío Blanca Doble, que porá o punto final a unhas festas cheas de tradición, música e confraternidade.

As festas contarán cun campo cuberto con carpa, garantindo comodidade para os asistentes, sexa cal sexa o tempo.

⚙ Configurar cookies
0.17194294929504