Goberno acollerá a II Xuntanza do Rural o vindeiro 17 de maio

LugoXa | TerraChaXa
A partir das 14:45 celebrarase un xantar popular cuxo menú incluirá xamón de Porco Celta de Outeiro
xuntanza-do-rural-goberno
11 May 2025

O Campo da Festa de San Martiño de Goberno, no concello de Castro de Rei, converterase o sábado 17 de maio nun punto de encontro para veciñanza e visitantes coa celebración da II Xuntanza do Rural. A cita desenvolverase baixo carpa e dará comezo ás 14:00 horas cun vermú amenizado polo artista Javi Show, momento no que tamén se presentará o programa provincial Un gusto de rural, un rural de gusto, impulsado pola Área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A partir das 14:45 celebrarase un xantar popular cuxo menú incluirá xamón de Porco Celta de Outeiro ―achegado pola Área Rural de Vicepresidencia―, empanada variada, paella, sobremesa, bebida, café e licores. Durante a xornada haberá actividades gratuítas para nenos e nenas a cargo de Total Sport, mentres que Javi Show animará tamén a sesión de tarde.

O evento está organizado pola Asociación Veciñal de San Martiño de Goberno e conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei, da Deputación de Lugo e da asociación Asoporcel.

⚙ Configurar cookies
0.18812394142151